jueves, 29 de octubre de 2015

Frangullas

Título: Frangulla
Autor: Gloria Sánchez
Editorial: Ala-Delta. Edelvives 

Tres osiños están dentro dun burato coa súa nai. Un deles sente que non o queren e os seus irmáns trátano coma se fora un boneco. Entón, un día, mentres estaba tumbado na barriga da súa nai, pasou por alí unha osiña moi guapa e namorouse. Pola noite decidiuse marcharse...
Encantoume, é unha historia preciosa, leríaa 100 veces máis.

Jimena García García 


(Preme na imaxe para ler a autobiografía da autora)

Einstein, el científico genial

Título: Einstein, el científico genial
Autor: Sara Gil Casanova
Editorial: El rompecabezas

A nai de Einstein e os profesores pensaban que non ía conseguir nada e non encontraría traballo. Pero converteuse nun científico ao que lle gustaba moito a Física.
É moi interesante e moi curioso.

Teo Feijoo Benasach

jueves, 22 de octubre de 2015

500 preguntas y respuestas sobre los animales

Título: 500 preguntas y respuestas sobre los animales
Editorial: Susaeta

Este libro vai de animais. Nas últimas páxinas veñen todos os animais que hai no libro e indica as páxinas nas que aparece ese animal (índice).
Tén moitas imaxes, está moi ben presentado. Tén un tamaño bastante gordo, pero é interesante e ensina moitas cousas sobre os animais.
Alicia Suárez Mariño


Primer curso en Torres de Malory

Título: Primer curso en Torres de Malory
Autor: Enid Blyton
Editorial: RBA Molino

Este libro trata dunha nena chamada Darrell, que entra nun novo colexio e descobre novas amigas.
Gustoume moito, vou seguir lendo libros deste tipo.

Zara Lía Bell Mosquera

(Preme na imaxe para ver outros libros da mesma autora)

Darell es una niña que empieza el curso en Torres de Malory. Su madre también estudió allí cuando era pequeña. Al principio tiene miedo, sobre todo, por si sabrá contener su genio en el internado. Finalmente hace un montón de amigos y vive muchas aventuras.
Leí este libro porque mi madre también lo leyó cuando era pequeña.
Marta Poceiro Vázquez

domingo, 18 de octubre de 2015

El reino animal

Título: El reino animal
Editorial El País 

Explica características dalgúns animais coma o elefante, o león, o tigre, o pingüín, ...con fotos impresionantes, é como se entraras no reino animal. Recoméndovolo.
Daniela García Vargas

É un libro que trata sobre os animais, aparecen as fotos do animal, en que zona está e datos do animal que se trata. 
Patricia Mato Turnes

jueves, 15 de octubre de 2015

El misterio de la perla gigante

Título: El misterio de la perla gigante
Autor: Geronimo Stilton
Editorial: Destino

Geronimo Stilton traballa moito e entón a súa tía dille que vaia de vacacións á illa Submarina. El di que non vai ir, pero o seu irmán convénceo. O irmán sumérxese e cando volve a subir dille que alí abaixo hai un animal, entón Geronimo e a tía tamén se tiran e atopan unha perla na boca dunha cuncha.
O libro é interesante porque é de misterio.
Damián Leiva Buján

martes, 13 de octubre de 2015

El Hobbit

Título: El Hobbit
Autor: J.R.R. Tolkien
Editorial: Minotauro

Vai dun hobbit que vive nunha aldea e un día uns valentes van emprender unha aventura cos elfos, os ananos e o mago. Ofrécenlle a posibilidade de ir con eles, primeiro di que non pero logo arrepíntese e vai con eles. A xente do lugar non pode crer que un hobbit vaia emprender unha aventura. Volverá con vida ou non? pregúntanse os da aldea.
Saberalo se o les.
Telmo Lasús Vázquez

jueves, 8 de octubre de 2015

Mortadelo y Filemón. Mundial 2014

Título: Mortadelo y Filemón. Mundial 2014
Autor: Ibañez
Editorial: Magos del humor

É un libro de humor e pequeno, é un cómic que tén moi boa presentación.
A historia trata de que Mortadelo e Filemón van a Río de Janeiro a salvar a uns presidentes porque un terrorista quere que haxa unha terceira guerra mundial.
Mortadelo e Filemón intentan evitalo pero...
Jaime Díaz Cupeiro

Preme neste enlace se queres saber máis deste cómic
e neste outro se queres visitar a páxina oficial

jueves, 1 de octubre de 2015

El regalo del César

Título: El regalo del César
Autor: Gosciny y Uderzo
Editorial: Grijalbo

Este libro vai de que César regálalle unha aldea a un soldado. A familia vai vivir alí. Teñen unha filla que se enamora de dous aldeanos de alí, pero só é un engano para poder ser os reis da aldea.
É un cómic moi divertido, ademais de que os debuxos axudan moito ás palabras.
Carolina García Vargas

Preme aquí se queres visitar a páxina oficial de Astérix


O libro trata de dous galos que loitan para botar aos romanos porque os queren invadir.
A min gustoume moito porque é un cómic de aventuras e de humor e a min gústanme as dúas cousas.

Antón Doporto Regueiro


Este libro va sobre Julio César, que le da un regalo a cada guerrero, a uno de ellos de da un pueblo, pero se lo cambia a uno que lleva un bar. Cuando llega al pueblo ve que es muy pequeño... 
Damián Leiva Buján