Autor: Michael Ende
Momo é unha nena que vive nas ruinas dun antigo anfiteatro, non ten pais pero ten moitos amigos que a cuidan e xogan con ela. Momo ten un don, sabe escoitar, todo o mundo acude a contarlle os seus problemas e xogar con ela, Momo simplemente escoita e iso fai que se reconcilien. Os seus amigos non teñen moitos cartos pero teñen moito tempo e toda a vida por diante.
Eles viven fora da cidade nunha pequena aldea pegada ao anfiteatro. Pero algo raro comeza a pasar na cidade, xa ninguén ten tempo e os nenos da cidade veñen xogar ás aforas, dicindo que os seus pais non teñen tempo para estar con eles e facerlles caso e iso preocúpaos.
E o mais estraño de todo é que un dia un home gris ven ofrecerlle a Momo moitos xoguetes estupidos, Momo escoitao de tal maneira que o home non pode resistirse e cóntalle todo a Momo, os homes grises son homes que viven do tempo da xente. E o seu poder comeza a caer sobre os nenos e os amigos de Momo.
Momo terá que embarcarse na maior aventura da súa vida, a través do
tempo.
A min gustoume moitisimo, tanto que é un dos meus libros preferiodos.
Creo que este conto explica algo, pero iso telo que descubrir ti so/a.
Mariña Erias Castro