viernes, 22 de abril de 2016

Harry Potter y la piedra filosofal

Título: Harry Potter y la piedra filosofal
Autora: J.K Rowling
Editorial: Salamandra

RESUMO: Harry, un neno de once anos ao que lle mataron os seus país, vai vivir cos seus tíos, os Dursley. De alí sácao Hagrid, un xigante, que o leva a Hogwarts e aí comeza a súa nova vida.

OPINIÓN: Gustoume moito porque fala dun neno que vive moitas aventuras.

Xiana Erias

jueves, 21 de abril de 2016

O vixilante dos soños

Título: O vixilante dos soños
Autora: Ana Carreira
Editorial: El País / Galaxia

RESUMO: Sonólicus era un neno ao que lle gustaba moito a lúa e collía espellos para que a lúa se reflexara neles.

OPINIÓN: O conto foi moi divertido porque tiña uns debuxos moi chulos.
Lila Bell Mosquera

viernes, 15 de abril de 2016

Artur e Clementina


Título: Artur e Clementina
Autoras: Adela Turín e Nelba Bosnia
Editorial: Kalandraka

RESUMO: Dúas tartarugas casan e despois duns días Clementina comezou a contarlle os seus soños a Artur. Artur vaillos mercando e poñendollos enriba da súa cuncha e facéndoa cada vez máis pesada

OPINIÓN: A nós parécenos este libro moi chulo porque algúns homes críanse mellores que as mulleres e este libro explica como eses homes trataban antes ás mulleres.
Nahia Estrada e Emma López


O señor Top

Título: El señor Top
Autor: Fernando Krahn
Editorial: Faktoria K de libros

RESUMO: Había unha vez un señor que se chamaba Top. Un amigo prestoulle un silbato durante 10 minutos e as cousas non foron moi ben. Comezou unha persecución, viñeron uns ladróns que perseguiron por toda a cidade…

OPINIÓN: Gústanos moito porque é divertido, corto e é un cómic.
Antón Lagares e César Longo