domingo, 30 de abril de 2017

Aníbal quere encoller

Título: Aníbal quere encoller
Autor: Oli
Editorial: Xerais

Recoméndovos este libro porque é moi gracioso: conta a historia dun neno que quere chegar ao centro da Terra e fai moitas toluras para encoller.
Jorge Fernández Santalices

El rescate

Título: El rescate
Autor: Carlos Villanes, Isabel Córdova e Ana Azpeitia 
Editorial: Planetalector

O libro conta a historia de dous nenos que salvan ao peixe Dourado. O peixe dálles un regalo aos nenos por salvalo e logo vaise. Ao mesmo tempo un bandido moi temido fúgase do cárcere.
Se vos gusta a acción, este é o voso libro. RECOMÉNDOVOLO PAR LER!!!!
Hugo Carro

viernes, 28 de abril de 2017

Formigas. Misión París

Título: Formigas: Misión París
Autores: Andrés Meixide. Pere Tobaruela
Editorial: Xerais

Quero recomendarvos este libro, que trata sobre un escuadrón de formigas que visita esta cidade. Cando o escuadrón pasa pola porta do cemiterio atopa un cadaver.
Se a alguén lle gustan as aventuras de espías e acción este é o seu libro. Encóntrase na biblioteca do CEIP Vales Villamarín.
Marcos de Diego Rey

Preme aquí para coñecer aos autores: Andrés Meixide - Pere Tobaruela

jueves, 27 de abril de 2017

El pequeño Vampiro


Título: El pequeño vampiro
Autor: Angela Sommer-Bodenburg 
Editorial: Alfaguara

Trata sobre un neno chamado Antón que, unha noite, queda so na casa. Máis tarde vai á cociña, pero escoita uns ruídos que saen da súa habitación e cando entra, atópase cun vampiro! E... dende ese momento viven grandes aventuras xuntos.
A min encantoume, recoméndovos que o leades, é moi divertido.
Hugo González Díaz 


miércoles, 26 de abril de 2017

Junie B. Jones tiene un hermano monísimo

TÍTULO: Junie B. Jones tiene un hermano monísimo.
AUTORA: Bárbara Park
EDITORIAL: Bruño


RESUMO: O libro trata dunha nena chamada Junie B. Jones, que un día os seus pais contáronlle que ía ter un irmán, e a ela non lle gustaba nada a idea. Pero ao final acabou gustándolle ter un irmán tan mono coma ela. E cando medrara xogar a xogos divertidos con él.
Alba Uzal Carro

lunes, 24 de abril de 2017

RECOMENDACIÓNS 2ºB

As nenas e nenos de 2ºB recoméndanvos algúns libros que lles gustaron moito. Libros que podedes atopar na nosa biblioteca.

domingo, 23 de abril de 2017

Viaxe ao centro da terra


TÍTULO: Viaxe ao centro da terra
AUTOR: Julio Verne
EDITORIAL: Hetzel /Xerais

RESUMO: A acción transcorre a mediados do século XIX, cando o profesor Linderbrock e o seu sobriño Axel, descobren nun libro sobre Islandia, un vello pergamiño que contén unha escritura moi rara.
Axel descubre o seu significado despois de moito traballo: indica o camiño ao centro da terra en Islandia. Inician a súa viaxe desde Hamburgo ata Islandia. Alí contactan co profesor Fridriksson que lles consegue un guía chamado Hans. Cando chegaron ao cráter do volcán había dúas entradas, unha no leste e outra no oeste. O profesor, que era moi testarudo, equivocouse de entrada e tiveron que volver atrás.
Durante a viaxe descobren un océano, Hans constrúe unha balsa, e nesa viaxe encontraron animáis prehistóricos. Chegan a unha illa, alí descobren un cementerio de animais prehistóricos e incluso restos humáns. Atoparon tamén unha vexetación da época terciaria e un puñal coas iniciais Arne Saknussemm, o autor do pergamiño.
Continúan a súa viaxe e chegan a unha cova. Como non hai saída provocan unha explosión, e como consecuencia dela ocorre unha erupción no volcán onde estaban. Saen disparados pola boca do volcán e acaban en pleno mediterráneo, saíron polo volcán Etna. Axel e o seu tío regresaron a Hamburgo e Hans a Islandia e foron famosos.

VALORACIÓN: É libro con moitas aventuras e gustoume moito por iso.
Daniel Santos Feijoo

viernes, 21 de abril de 2017

Juntas para ganar

TÍTULO: Yes, we dance ¡Juntas para ganar!
AUTORA: Esther Sanz
EDITORIAL: Montena

RESUMO: Martina, Sofía e Liu son tres nenas que persiguen o seu soño: bailar, e anótanse nun concurso. Pero os seus coñecementos de baile son moi básicos polo que terán que poñerse as pilas para estar á altura do concurso.

VALORACIÓN: A min persoalmente este libro gustoume moito, porque a historia engánchate e métete nela, tamén ten aventuras e as ilustracións son moi boas.
Inés Ulloa Rilo

¡Vigilad las colas, caen meteoritos!


TÍTULO: ¡Vigilad las colas, caen meteoritos!
AUTORA: Elisabetta Dami
EDITORIAL: Planeta

RESUMO: Gerónimo e o seu curmán, Trampita, viven en Metrópolis tranquilamente, cando unha dor de barriga inunda a cidade. Gerónimo e Trampita irán ver o que pasa e a buscar unha cura.

VALORACIÓN: É un libro moi interesante xa que te metes na historia plagada de misterio e ademáis descubres inventos que nunca imaxinarías nin virías.
Iván Sanjurjo

miércoles, 19 de abril de 2017

Harry Potter y el legado maldito

TÍTULO: Harry Potter y el legado maldito
AUTORA: Joanne Rowling
EDITORIAL: Salamandra

RESUMO: Harry Potter e o legado maldito é o octavo libro da saga de J.K.Rowling. 

VALORACIÓN: Con este libro podes aprender moito vocabulario. Invítovos a lelo a aqueles que sexades fans da maxia ou da ciencia ficción. 
Javier Sánchez Gómez

lunes, 17 de abril de 2017

Un mundo de dos sabores

TÍTULO: Un mundo de dos sabores
AUTORA: Almudena Cid
EDITORIAL: Alfaguara

RESUMO: É o terceiro libro da colección de Olympia. Cando a protagonista chega ao equipo nacional de ximnasia rítmica, entabla unha estreita amizade con Lucía. Olimpia e a súa nova amiga non pararán de facer trasnadas e protagonizar divertidas anécdotas.

VALORACIÓN: Na miña opinión é un libro moi divertido
Andrea Prado

viernes, 7 de abril de 2017

Reto a paso de danza


TÍTULO: Tea Stilton. Reto a paso de danza
AUTORA: Elisabetta Dami
EDITORIAL:Planeta 

RESUMO: É un libro que trata sobre cinco alumnas da Universidade de Ratfor que teñen que dar un espectáculo de música e de baile, pero tamén teñen que averigurar o que pasara cando Madame Ratinsky e o Rector foron compañeiros de estudios. Vai ser difícil averigualo, pero van descubrir o misterio que agochan e, tamén, facer novos amigos.

VALORACIÓN: Eu penso que "Reto a paso de danza" é un libro moi divertido e entretido e, ademáis, os protagonistas son moi alegres e aventureiros. Se queres pasar un bo rato, recoméndoche lelo!!
Zaira Owona García

Timantti descubre la verdad


TÍTULO: Timantti descubre la verdad
AUTORA: Rebeca Stones
EDITORIAL: Montena

RESUMO: Timantti é filla de dous espías. Timantti sempre quixo emular ós seus pais e unirse a eles na loita contra o crimen pero, tras recibir o encargo dunha nova misión, os seus proxenitores deciden mantela alonxada. Métena nun orfanato durante un tempo en Australia. O orfanato trataba aos alumnos coma as súas ratas de laboratorio. Timantti descubriu todo e protexeu aos alumnos e sacounos do orfanato e...

VALORACIÓN: A min paréceme un libro moi interesante , que les un pouco e non podes parar de lelo.
Kemberlin Osorio

jueves, 6 de abril de 2017

Estrellas de New York

TÍTULO: Estrellas de New York
AUTORA: Esther Sanz
EDITORIAL: Montena

RESUMO: A historia trata sobre un grupo de baile chamado "Saturno Stars" que foi seleccionado para facer un videoclip musical cun grupo chamado "As Brothers" que é o grupo do momento. Para iso terán que realizar unha viaxe a New York. Unha vez alí o equipo contrincante non llo pon doado. Conseguirán as "Saturno Stars" facer o videoclip?

VALORACIÓN: Paréceme moi bo libro porque explica o que che podería pasar se te apuntaras a unha competición, non so de baile senon de calquera cousa.
Nerea Sandá Faraldo

miércoles, 5 de abril de 2017

Cinco semanas en globo

TÍTULO: Cinco semanas en globo
AUTOR: Julio Verne
EDITORIAL: Susaeta

RESUMO: Este libro relata as marabillosas aventuras que viviron o doutor Samuel Fergusson e uns amigos seus durante a súa viaxe en globo por África para completar os datos da cartografía africana.
VALORACIÓN: Dende o meu punto de vista este libro é recomendable para os nenos e nenas, xa que podemos aprender historia e ao mesmo tempo "meternos" nunha aventura moi emocionante.
Etienne Sánchez

Preme se queres coñecer algo máis da obra e do autor

lunes, 3 de abril de 2017

O trasno de Alqueidón

TÍTULO: O trasno de Aqueidón
AUTORA: Marilar Aleixandre
EDITORIAL: Merlín

RESUMO: Inés e Diego non poden durmir por culpa dun trasno. A súa avoa pon unha cunca de arroz para que o trasno lle tire todo o arroz e se queime. A idea da súa avoa funcionou pero a Inés dálle pena que o trasno se queimara entón decide axudarlle.
Jairo Sánchez Marín

Amelia

TÍTULO: Amelia
AUTORES: Itziar Miranda e Jorge Miranda
EDITORIAL: Edelvives

RESUMO: Trata sobre a vida de Amelia Earhart e como conseguiu ser a primeira muller en recorrer o Océano Atlántico en avión.
VALORACIÓN: O libro é bastante interesante pois así sabes máis da súa vida. "Mola" moito aprender cousas novas doutras persoas importantes do mundo.
Noa Touriño