viernes, 23 de marzo de 2018

75 consejos para sobrevivir en el campamento

Título: 75 consejos para sobrevivir en el campamento
Autora: María Frisa
Editorial: Alfaguara

Quero recomendar este libro 75 consejos para sobrevivir en el campamento
A min gustoume moito porque se trata dunha nena de 12 anos, que a apuntaron a un campamento de inglés cos seus amigos e amigas, as arpías de Noelia, Viki e Rebeca poranllo moi difícil para pasalo ben. A súa mellor amiga Mariña axudaralle en calquera cousa e Hugo, o neno que lle gusta, traicionado polas costas, o seu mellor consello: aprende a debuxar.
¡CHIBIS!
Espero que vos guste.

miércoles, 21 de marzo de 2018

Futbolísimos. El caso de los árbitros dormidos

Título: Futbolísimos. El misterio de los árbitros dormidos
Autores: Roberto Santiago, Enrique Lorenzo
Editorial: SM

A min gustaríame recomendar o conto dos Futbolísimos.
A min gustoume moitísimo.
Vai dun neno e unha nena, o neno chámase Francisc e a nena Helena. Van nun equipo de fútbol que se chama Soto Alto, é moi pero moi chulo. Gustoume moitísimo. Tamén xogaron contra un equipo moi bo pero ganáronlles.
Espero que vos guste.
Iraitz Parga

Preme na imaxe para visitar a páxina oficial

martes, 20 de marzo de 2018

Primer curso en Torres de Malory


Título: Primer curso en Torres de Malory
Autora. Enid Blyton

Gustaríame recomendar o libro Primer curso en Torres de Malory.
A min gustoume moito porque é moi entretido e vai sobre unhas nenas que lles fan bromas ás profesoras e métense en líos no colexio.

Alba Rufino Fernández

Preme na imaxe para saber algo máis desta serie de libros

Recomendacións 5º D

Nenas e nenos de 5º D achégannos as súas recomendacións:



lunes, 19 de marzo de 2018

A historia da vaca

Título: A historia da vaca. 27 historias para tomar a sopa
Autora: Ursula Wolfel
Editorial: Kalandraka

Quero recomendar o libro que se titula A historia da vaca. É moi divertio, trátase de que a Vaca non quería comer herba e comeu pantalóns vellos, uns clacetíns, un libro vello e uns calzoncillos.
Espero que vos guste.
Aroa Vázquez Iglesias

viernes, 16 de marzo de 2018

Fábulas de Esopo


Título: As fábulas de Esopo
Autor: Esopo

É un libro que me gusta moito porque ten moitos contos. 
Ten "O rato de campo e o rato de cidade" que son dous curmáns que  un vive no campo e outro na cidade. Cada un vai do campo á cidade e da cidade ao campo, e cada un prefire o sitio de antes.
"A zorra e o leñador" trata dunha zorra que atopou a un leñador que a quería matar.
Espero que che guste tanto coma a min.
Inés Rodríguez

miércoles, 14 de marzo de 2018

101 dálmatas

Título: 101 dálmatas
Autor: Disney

Quero recomendar o libro 101 dálmatas.
É un libro moi divertido e gracioso e vai sobre 101 dálmatas e unha bruxa, Cruela de Vill, que quería matar aos cans, pero non o dáconseguido. Cruela ten dous compinches, Gaspar e Baltasar, que son dous bandidos.
Desexo que vos guste.

martes, 13 de marzo de 2018

As cinco amazonas

Título: As cinco amazonas
Autora: María Forero Calderón
Editorial: Susaeta

Trátase dunha nena que se chama Ana e busca un campamento e atopa un campamento ecuestre.
A moitos nenos e nenas vos gustará se vos gustan os cabalos.

Claudia Billares Baros


viernes, 9 de marzo de 2018

Eva y Beba

Título: Eva y Beba
Autora: Annie Barrows
Editorial : Bruño

Gustaríame recomendar o libro dos récords de Eva e Beba porque gústame moito. Trátase de dúas nenas que fan retos, como por exemplo "O reto das 100 palliñas".
No segundo libro aparece unha nena que con só 11 anos descubriu un dinosaurio enteiro mentres que estaba cavando e a xente ríase dela.
Mireia Pita Saleta

Nada máis que feitos

Título: Nada máis que feitos
Autor: John Guest
Editorial: Parragon

Gustariame moito recomendar o libro "Nada más que hechos".
A min gústame moito porque conta cousas de verdade, non de mentira.
O libro é sobre as plantas, o corpo humano, ... Tamén conta cousas que pasaron por anos. Por exemplo: na India choveu pero a auga era de cor vermella e ao capitán dun barco caeulle un calamar conxelado na cabeza.
Espero que vos guste.
Mar Rodríguez Villanueva

Preme na imaxe para saber máis deste libro