martes, 23 de abril de 2019

Las aventuras de Jules Verne

Título: Las aventuras de Jules Verne. El viaje al abismo.
Capitán Nemo
Editorial: Destino

Eu recomendo este libro porque me parece moi interesante e divertido. Trata sobre un grupo de amigos que se embarcan nunha aventura moi emocionante. A mín gustoume, espero que a vós vos guste tanto como a min.
Saúl García

La diversión de Martina


Título: La diversión de Martina
Autora: Martina D'Antiochia
Editorial: Montena

Eu recomendaría este libro ás persoas ás que lle gusten as aventuras e os experimentos. É moi entretido, interesante e curioso.
A min gustoume porque ensina moitos trucos que poden acabar en desastre ou non. Recoméndovolo!!
Sara García

viernes, 12 de abril de 2019

Como entrenar a tus padres

Título: Cómo entrenar a tus padres
Autor: Pete Johnson
Editorial: Bruño

O libro é moi divertido e entretido. A min gustoume moito porque trata dun neno, Luis, que vai a unha nova escola e coñece a moitos nenos e profesores; e ponlles nomes ridículos, como por exemplo: O Pelo Cebola. Despois coñece a Maddi que se converte na súa mellor amiga porque opinan igual, e maddi cóntalle as catros regras de como entrenar aos pais.
Noa Fariña Álvarez

Diario de Ana Frank

Título: Diario de Ana Frank

O diario de Ana Frank encántame porque fala da experiencia de Ana na Segunda Guerra Mundial.Ten moi boas anotacións por parte dela explicando o que sufriu,ela conta e detalla moi ben como foi a súa vida.
Lía Janeiro

Eu recomendo o Diario de Ana Frank porque me gustou este libro. trata dunha nena xudea que vive durante unha guerra. Na primeira parte do libro ten que mudarse a súa nova casa (Casa de atrás) e deixar o seu gato coa veciña.na segunda parte múdanse máis persoas á Casa de atrás, tamén por motivos da guerra.
Espero que vos guste!
Sofía López García

Mystical

Título: Mystical
Autora: Marta Álvarez
Editorial:La Galera

Resumo: Luna é unha nena rara, gústanlle as cousas frikis e non é apreciada no seu instituto. Pero as cousas poden cambiar dun día para outro....
Un día de acampada, con todo o seu instituto, Luna, xunto con outras catro nenas moito máis populares, é elexida para ter uns poderes extraordinarios para salvar o mundo.... Qué ocorrerá?
Gustoume moito Mystical porque fala do instituto, está cheo de aventuras extraordinarias e faite sentir que etás dentro do libro. Non poderás parar de lelo.
Lucía Ferreirós Núñez

Escarlatina, a cociñeira defunta

Título: Escarlatina, a cociñeira defunta
Autora: Ledicia Costas
Ilustrador: Victor Rivas
Editorial: Xerais

Eu recomendo este libro porque trata dunha nena defunta que cando estaba viva era cociñeira. Tamén é un libro de aventuras e moi divertido.
Indira Fraga Alarza

lunes, 8 de abril de 2019

La niña que bebió luz de luna

Título: La niña que bebió luz de Luna
Autora: Kelly Barnhill
Editorial: Destino Infantil & Juvenil

Este libro trata dunha nena que a encontrou unha familia perdida nun bosque. A nena ten unha marca na fronte dunha lúa. Cando hai lúa chea vólvese un pouco tola.
Opinión: Gustoume moito porque é moi intrigante.
Ángela Llavona Pereira

domingo, 7 de abril de 2019

De casi todo se aprende

Título: De casi todo se aprende
Autora: Paula Gonu
Editorial: Ediciones Martínez Roca

Neste libro a famosa Paula Gonu cóntanos as anécdotas máis importantes da súa vida, e non so iso, senón os seus medos. Tamén ten unhas poucas follas en blanco para escribir o que ti queiras.
É moi entretido e así coñecerás máis sobre a súa vida.
Marta Fariña

miércoles, 3 de abril de 2019

El asesinato de la profesora de lengua

Título: El asesinato de la profesora de lengua
Autora: Jordi Sierra i Fabra
Editorial: Anaya

Eu recomendoo porque é un libro con moita intriga. A min gustoume moito por: é moi entretido, podes aprender cousas novas e.... van matar un neno! Sorte e espero que vos guste.
Aroa Gutierrez Lata

Eu recoméndovos este libro porque trata dunha profe que se volve tola por culpa dos seus alumnos, vólvese tan tola, que asasinará a un dos seus alumnos se non consiguen detela antes.Conseguirano?
Pablo Gilsanz

Las Torres de Malory

Título: Las torres de Malory
Autora: Enid Blyton
Editorial: Juventud

Eu recomendo este libro porque é moi interesante e divertido. Trata sobre unha nena que vai a un colexio lonxe da súa casa. Ao principio está moi asustada pero vivirá unhas aventuras inolvidables coas súas novas amigas.
María Lata Cagiao

El jardín de alabastro


Título: El jardín de Alabastro
Autora: Tea Stilton 
Editorial: Destino

"El jardín de Alabastro", escrito por Tea Stilton, gustoume moito porque aprendes moitas cousas. Ten moito misterio e unha vez empezas xa non podes parar. Trata de que a aldea onde vive a avoa dunha nena esconde un tesouro e 5 amigas van a buscalo.... pero as cousas omplícanse: rouban na casa da avoa, perden un mapa...conseguirán o tesouro?
Alba Gabín López

lunes, 1 de abril de 2019

Diario de Greg 10


Título: Diario de Greg 10. Vella escola
Autor: Jeff Kinney
Editorial: RBA

A vida era mellor nos vellos tempos? Ou non? Iso pregúntase Greg Heffley cando a súa cidade se suma voluntariamente a unha campaña para apagar todos os aparatos electrónicos, pero non chegou moi lonxe. Porque a vida moderna é máis cómoda. A Greg non lle gustaría vivir noutra época.
O libro é de 8 anos a 99 anos.
Eloy Anido

O principiño

Título: O principiño
Autor: Antoine de Saint-Exupéry
Editorial: Salamandra

O Principiño tiña un asteroide moi pequeno. Chamábase B612.
Tiña 3 volcáns e só funcionaba un, tamén todos os días recollía uns baobabs para que non se fixesen grandes e que ocupen todo o asteroide e, por último, a súa rosa que tanto quería.
A mín gustoume moito todo pero sobre todo as ilustracións.
Inés Becerra Pena

Yo me pregunto...

Título: Yo me pregunto...
Autora: Katie Dayner
Editorial: Usborne

Este superlibro responde a las preguntas que suelen preguntar los niños pequeños. Si levantas las solapas, descubrirás qué, quién, cuál, dónde, cuándo, cómo, porqué.
Este libro me gusta mucho porque descubres cosas curiosísimas que no todos saben responder.
¡LEE Y DIVIÉRTETE LEYENDO!
Álvaro Segade Martínez