O alumnado de 5º E preséntanos os seus libros favoritos:
Nenas e nenos do CEIP Vales Villamarín comentan as súas lecturas favoritas. Tamén podes atopar guías de lectura elaboradas pola biblioteca e enlaces a sitios interesantes que tratan de libros.
Resumo: Alicia en el País de las Maravillas es un gran libro. Está lleno de sorpresas y hay muchos personajes mágicos y graciosos, como el Sombrerero Loco. Es uno de los mejores libros que he leído y se lo recomiento a todo el mundo. Te reirás mucho, te hará muy feliz y te transportará a otro mundo lleno de magia.
¡¡Espero que os guste!!
Iraitz Parga García
Resumo: "O plan secreto de Mulán" é un libro moi bonito e divertido que ensina o que non hai que facer e o que sí debemos facer. Trata dunha nena que quere ir ao colexio pero non é o tipo de colexio que esperaba.
Daniela Varela Mella
Resumo: unha científica, un profesor novato e un estudiante crean un robot chamado Oto. Oto lévaos a outra época e a outro mundo. O profesor Carátura e Hugo faranvos pasar un rato moi divertido.
Aldara Román Vara
Resumo: O libro conta algunhas historias e anécdotas de Youtube, logros do autor e grandes momentos de Twich. Encantoume e quero que máis xente goce coma min léndoo.
Samuel 6º E
Resumo: Se estás sentado no sofá sen nada que facer recomendoche que leas As bruxas. É un libro moi entretido que o escribiu R. Dahl. Cando o les é como si estiveras rodeado de bruxas. É increible que poda facer un libro tan bo. Recomendo que o leas moitas pero moitas veces.
Xoel 6º E
Resumo: Amabel é unha rapaza que descobre que a súa familia ten poderes. Pero ela? Amabel ten que intentar descubrir cal é o seu poder. O libro cóntanos as súas aventuras dende que descobre os poderes da súa familia.
É un conto moi entretido e divertido para ler. Averiguade que fixo para atopar o seu poder.
Mar 6º E
Resumo: Muriel é un neno que está moi triste porque a súa avoa morreu, pero faise amigo dun raposo e dun leiteiro que é un carteiro máxico.
Recomendo este libro porque é moi bonito e aos que lles gusten as aventuras máxicas, que o lean.
Brais 6º E
Resumo: O conto está en lingua castelá pero recoméndoo porque aprendín moitas cousas de Naturais, Sociais, ... e moito máis. O libro conta a historia dun neno que é explorador e gústalle a Natureza.
Irene 6º E
Resumo: Este libro é moi interesante, ten varios capítulos e en cada un vai falando de algo diferente. O libro recoméndovolo moitísimo porque vale moito para ensinar e aprender cousas. Espero que vos guste moito!
Aroa Vázquez Iglesias
Preme aquí se queres comezar a lelo
Resumo: O libro trata da carreira dunha moza youtuber e do que sentía mentres estaba a aumentar o número de seguidores, principalmente de Tik Tok, a súa rede social favorita.
Espero que vos encante.
Mireia 6º E
Resumo: Quero recomendar que leades a colección de libros de Harryt Potter. Son uns libros moi interesantes e entretidos. Si os ledes ides pasar un anaco moi divetido xa que teñen moitas partes de acción pero tamén de tristeza ou dramas.
Alba 6º E
Resumo: Esta saga tiene siete libros (sin contar tres libros adicionales). Los libros cuentan la historia de un mago, Harry Potter que de bebé fue atacado por el Señor Tenebroso (el mago más podereoso de la historia). Harry será aceptado en una escuela de magia y allí vivirá auténticas aventuras junto a sus dos mejores amigos: Ronald Weasley y Hermione Granger.
Lucia V. G.
Resumo: Este libro conta a historia dun rapaz que sempre quixo ser da garda real e chámase D´Artganan. Uns sucesos extranos ocurren xa que un sacerdote quere gobernar e conquistar o país con máquinas de guerra. D´Artagnan coa axuda dos seus compañeiros Athos, Portos e Aramis consiguen deter aos usurpadores.
Espero que vos guste tanto como a min.
Martín 6º E
Resumo: Quero recomendar a serie de libros de Ariol, pero en concreto o número 1. É un cómic con varias historietas distintas. Trata sobre un burriño azul e as aventuras do burrriño e dos seus amigos. Outro personaxe moi importante é o Caballero Cabalo que é un personaxe do cómic favorito de Ariol e Ramono, o porquiño, o seu mellor amigo.
Botaredes unhas cantas risas con este cómic. Está escrito por E. Guibert e debuxado por Marc Boutarant.
Claudia 6º E
RESUMO: Un día o gato da Señora Paca subiu a unha árbore porque o perseguía un can. O gato tiña moito medo para baixar e o gato miañou e miañou.
A que non sabes o que sucedeu despois?
Anímate a lelo.
Brais Moris Pardo