domingo, 30 de noviembre de 2014

Cuerdas

Autor: Pedro Solís García
Alquitara fims. Ediciones Nilo

Baixo este título podemos atopar unha curtametraxe, que recibiu o premio Goya 2014 na categoría de mellor curtametraxe de animación española, e un libro. 
As dúas obras narran a amizade entre dous nenos, María e Nico. Dende o momento en que Nico chega ao colexio e María o coñece fai todo o posible por ser a súa amiga e por integralo nos seus xogos, nada, nin sequera os problemas de mobilidade del, impide que disfruten xuntos.
Mentres na película os vemos en acción e oímos a voz de María, no libro podemos ler a historia contada en primeira persoa pola nena e ver con calma as imaxes, moi expresivas e bonitas, que coinciden cos fotogramas da curtametraxe.
Película e libro para ver e volver a ver, para ler e reler, para compartir, emocionarse e reflexionar.
Gustaríanos destacar este fragmento do libro:

"Mar, la Seño nos lo presentó.
──Se llama Nico, tendréis que ayudarle un poco──dijo
Los chicos no le hicieron mucho caso. Qué tontos, no sabían lo que se perdían negándose a tener un nuevo amigo.
Porque la amistad es una experiencia maravillosa."


No hay comentarios:

Publicar un comentario