viernes, 19 de enero de 2018

Colección Así é a vida

Autores: Dominique de Saint Mars/ Serge Bloch
Editorial: Galaxia

Título: Max e Koffi son amigos
Max non tiña amigos porque non se levaba ben cos seus compañeiros e coñeceu no recreo a alguén chamado Koffi.
O conto gustoume porque ten cousas moi divertidas.
Jared Balado Cartemil

Título: Lili quere unha paga
A protagonista chámase Lili, o que pasa é que quere uns poucos de cartos para comprar cousas.
O conto segue, pero non volo quero contar porque quero que o leades.
Na miña opinión é moi bonito e dá un pouco de gracia.
Laura Barallobre Pardo

Título: Lilí enfádase coa súa amiga
Lili enfádase coa súa amiga porque outra nena fíxose a mellor amiga dela...
Como quero que o leades non vos vou contar o final.
A min gustoume moito, aínda que dá un pouco de pena.
Julia Caamaño Seijo

Título: Adoptaron a Sara
A protagonista é Sara. A Sara adoptárona cando era un bebé e cando medrou fíxose amiga de Max e Lilí ...
A min encantoume porque é unha historia moi bonita.
Zaira Bascoy

Título: Max quere facer amigos
O protagonista chámase Max. Max vai de vacacións, pero como alí non ten amigos, quere facelos.
Hai máis historia, pero non vola vou contar, porque quero que o leades.
A min gustoume, é moi divertido e interesante.
Marco Dafonte Barral

Título: Lili quere un gatiño
Trata de que Lili, unha nena, e o seu irmán queren ter un gsatiño, pero os seus pais non lle deixan.
A min gustoume moito.
Nuria Castro Fraguas

No hay comentarios:

Publicar un comentario