viernes, 8 de enero de 2021

Bill y los Mimpins

Título: Bill y los Mimpins
Autor ou autora: Roald Dahl
Ilustrador ou ilustradora: Quentin Blake
Editorial: Alfaguara

Resumo:O conto trata sobre un neno que vive nunha casa de campo que está ao lado dun bosque. A súa nai non o deixaba ir porque as lendas din que no bosque habitan uns seres monstruosos que se te pillan no bosque non saes de alí.

Un día o neno quixo meterse no bosque para ver que había sen que a súa nai o soubera.

Entón, cando a súa nai se fora para facer a compra, o neno entrou no bosque, empezou a escoitar sons moi estranos, empezou a correr, pero non atopou a forma de saír do bosque, entón escoitou un ruído e achegouse para ver o que era, e eran...

Valoración: Gustoume moito porque foi moi divertido e entretido, eu recoméndoo para os nenos aos que lles gustan as aventuras e os bosques.

Xiana. 6º B

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario