miércoles, 24 de noviembre de 2021

DIARIO DE GREG 1

 Título: Diario de Greg 1

Autor: Jeff Kinney


Ilustrador: Wimpy Kid 

Editorial: RBA Libros

Resumo: O protagonista é un preadolescente que comeza oinstituto e decide empezar a escribir a súas memorias nun diario. No futuro pensa ser famoso. Ten un amigo chamado Rowley e dous irmáns. O maior ten unha banda de rock e o pequeno culpa a Greg de todas as suas trasnadas. Cada día apunta todo o que pasa no seu día a día. 

Valoración: Recoméndoo porque me gustou e creo que lle pode gustar a outros rapaces coma min. 

Alumno: Tomás Fernández. 4ºB

martes, 23 de noviembre de 2021

O LOBO CON BOTAS

 Título:O lobo con botas

Autor: El Hematocrítico

Ilustrador: Alberto Vázquez


Editorial: Xerais

Resumo: É un lobo que quere ver como o Gato con botas salva a todo o pobo dun xigante e dun dragón.

Valoración: Recoméndoo porque é un libro de aventuras que me gustou moitísimo.

Alumno: Daniel García . 4ºB

lunes, 22 de noviembre de 2021

LOS DIARIOS DE CEREZA. EL ZOO PETRIFICADO

 Título:Los diarios de Cereza. El zoo petrificado

Autor: Joris Chamblain y Aurélie Neyret

Ilustrador: Joris Chamblain y Aurélie Neyret


Editorial: Alfaguara

 Cereza é unha nena cunha personalidade diferente. É investigadora e lle gusta axudar á xente. Un día, na súa cabaña da árbore, ve a un señor manchado de pintura. Veo todos os días e se pregunta que fai. Un día, coas súas amigas, decide seguilo e atopan un muro de pedra.

Valoración: É un comic moi interesante para a xente á que lle gusta o misterio. A min gustoume moito.

Alumna: Julia Fernández. 4ºB

jueves, 1 de julio de 2021

HISTORIA E RECUPERACIÓN DO ENTROIDO DE SAMEDE

 


Título: Historia e recuperación do entroido de Samede

Autora: Emilia Cagiao Sánchez

Ilustrador: Fernando Yáñez Pato

Número de páxinas: 131

Resumo: É un libro no que a autora, grazas ás testemuñas dos veciños desta aldea (preto de Paderne) xunto cunhas fotos en branco e negro que gardaban, descubriu a existencia das Máscaras de Samede que saían polo entroido e bailaban ao son da gaita nos anos 50. A autora trata de transmitir a memoria da xente da aldea, que fixeron posible a recuperación desta tradición. O seu mérito está en querer devolver ao pobo o que é seu, as máscaras que formaron parte do pasado de Samede e devolverlle tamén á veciñanza unha parte da súa historia.

Opinión: Se queredes interesarvos máis por este entroido rescatado, sendo un dos máis importantes entroidos do rural galego perfectamente documentado e acadando premios alí por onde o representan, recoméndovos que leades este libro.

Celia Mosquera Cagiao

PIONEIRAS, GALEGAS QUE ABRIRON O CAMIÑO

 

Título: Pioneiras, galegas que abriron o camiño

Autora: Anaír Rodríguez

Ilustradora: Nuria Díaz

Número de páxinas: 32

Editorial: Xerais

Resumo: O libro fala de 12 mulleres galegas que foron as primeiras en adicarse a un oficio considerado de homes. Por exemplo, Olimpia Valencia foi a primeira doutora. 

Opinión: Recomendaría este libro porque nel dámonos conta do pouco tempo que fai que as mulleres poden adicarse a certos oficios. 

Sara Martínez Sánchez

Preme se queres ver outra presentación do libro


CUENTOS DE BUENAS NOCHES PARA NIÑAS REBELDES 2


Título: CUENTOS DE BUENAS NOCHES PARA NIÑAS REBELDES 2

Autor: Francesca Cavallo e Elena Favilli.

Páxinas: 216.

Editorial: Planeta.

Resumo: Este libro trata de mulleres que tiveron unha historia importante na súa vida, e moitas desas mulleres lograron cambiar a vida tan mala que lles tocara vivir ata ese momento.

Opinión: Gustoume moito porque é un libro moi chulo e moi interesante. Recoméndoo porque con el apréndense un millón de cousas, e tamén pódense aprender algunhas cousas de como era a vida fai moitos anos.

Antía Gómez Vidal

A QUÉ ALTURA ESTÁ O CEO?

 

Título: A QUÉ ALTURA ESTÁ O CEO?

Autor: Jorge Mira

Ilustrador: Dani Padrón

Páxinas: 128

Editorial: Alvarellos

Resumo: O libro trata sobre datos científicos da Terra, os propios científicos e moitas teorías sobre descubrimentos. 

Opinión: Recoméndollo para os nenos e nenas aos que lles gusta aprender datos curiosos sobre a Terra, o Sistema Solar, a Galaxia e incluso aspectos relacionados con outros Sistemas Solares.

Jorge Lorenzo Nogueira

ISADORA MOON VA AL COLEGIO

 

Título: Isadora Moon vai ao colexio

Autor: Harriet Muncaster

Ilustrador: Rob Parkinson

Páxinas: 108 paxinas

Editorial: Alfaguara

Resumo: A min paréceme un bo libro. Trata sobre unha nena que é metade fada e metade vampiro. Os seus pais decidiron apuntala a un colexio, pero ela non sabe se ir ao colexio de vampiros ou ao de fadas.

Opinión:  Recomendo este libro porque ensina que non todos somos iguais e que non podemos terlle medo a todo.

Catalina Martínez Mourelle

Preme aquí para ver un divertido vídeo e aprender a facer feitizos!


ORESTES PERDE O SENTIDO!

 

Título: Orestes perde o sentido!

Autor: Rosa Aneiros

Ilustrador: Kiko da Silva

Páxinas: 100 paxinas

Editorial: Xerais

Resumo: Trata de que o personaxe sae da casa e unha voz díxolle que tiña que rescatar á súa irmá, e así é como empezou a súa travesía, pasando algúns obstáculos, por exemplo, cando persigue a fada e enfróntase con Goombas. 

Opinión: Recoméndoo ás persoas que lle gusta a saga de Super Mario Bros porque entretén moito polas aventuras que ten que pasar.

Daniel Romay Santarén

O DÍA DO GLOBO


Título: O DÍA DO GLOBO

Autor e ilustrador: Xosé Tomás

Editorial: Quinze300

Resumo: Lucas, Mateo, Marta e Claudia, un grupo de nenos xunto con Brigo, o can de Lucas e Mateo, entran no Pasatempo de Betanzos para vivir moitas aventuras nun mundo cheo de camiños, estanques, covas...

Viaxan no tempo ata Untia. Atopándose un neno vestido dun xeito moi particular e escoitan os tambores e voces dos romanos que viñan conquistar o castro de Untia.

Despois trasládanse ao ano 1569 co maior incendio de houbo en Betanzos. Os nenos volven á cova e encóntranse cunha parede chea de reloxos. Volven a escoitar voces; son soldados ingleses que loitan contra a invasión francesa.

Os soldados dixéronlles que fuxiran ao alto porque ían voar unha ponte. Despois do visto, os nenos durmíronse. Cando despertaron, cruzaron un pasadizo e atoparon un enorme león. Subidos a el atoparon uns homes porque querían ver como subía o Globo de San Roque; era o 16 de agosto. Eles tamén querían velo, e entón atravesaron as covas, chegaron á praza e desfrutaron coa súa solta.

Opinión: Eu recomendo este libro porque é moi entretido, podes aprender moitas cousas neste día tan importante.

Javier Muíño Iglesias