Autor e ilustrador: Xosé Tomás
Editorial: Quinze300
Resumo: Lucas, Mateo, Marta e Claudia, un grupo de nenos xunto con Brigo, o can de Lucas e Mateo, entran no Pasatempo de Betanzos para vivir moitas aventuras nun mundo cheo de camiños, estanques, covas...
Viaxan no tempo ata Untia. Atopándose un neno vestido dun xeito moi particular e escoitan os tambores e voces dos romanos que viñan conquistar o castro de Untia.
Despois trasládanse ao ano 1569 co maior incendio de houbo en Betanzos. Os nenos volven á cova e encóntranse cunha parede chea de reloxos. Volven a escoitar voces; son soldados ingleses que loitan contra a invasión francesa.
Os soldados dixéronlles que fuxiran ao alto porque ían voar unha ponte. Despois do visto, os nenos durmíronse. Cando despertaron, cruzaron un pasadizo e atoparon un enorme león. Subidos a el atoparon uns homes porque querían ver como subía o Globo de San Roque; era o 16 de agosto. Eles tamén querían velo, e entón atravesaron as covas, chegaron á praza e desfrutaron coa súa solta.
Opinión: Eu recomendo este libro porque é moi entretido, podes aprender moitas cousas neste día tan importante.
Javier Muíño Iglesias
No hay comentarios:
Publicar un comentario