Título: Mafalda en galego
Autor: Joaquín S.
Lavado “Quino”
Traducción: Xoán
Ramón Díaz
Editorial: Distribuciones Souto S.A.
Son pequenas tiras moi
graciosas e ao mesmo tempo irónicas, onde interveñen varios personaxes, que son:
Mafalda: é unha nena que aínda que é pequena
ten unha visión do mundo como un adulto. É moi boa, gústanlle os animais pero
odia a sopa.
Manoliño: é amigo de Mafalda, seu pai ten un
almacén. Manoliño é un pouco bruto, saca malas notas e só pensa en traballar no
seu supermercado e nos cartos.
Susaniña: É amiga de Mafalda, só pensa en
casarse e ter moitos fillos. Pensa que os seus amigos lle teñen cobiza, é moi
egoísta, e se algunha vez é boa despois arrepíntese.
Felipe: É amigo de Mafalda, é moi bo pero
sempre está nervioso porque non fai o que ten que facer, non lle gusta a escola
(escoitando un anuncio de whisky pos bos momentos, di “pois se bebemos un cada
vez que saímos da escola”)
Miguelito: É o máis pequeno dos amigos de
Mafalda, tamén o máis inocente.
Guille: É irmán de Mafalda. Gústalle a sopa,
é pequeno e inocente.
Nai de Mafalda: Ama de casa
Pai de Mafalda: Axente de seguros, gústanlle
as plantas, o fútbol, e o seu coche.
Noel Freire