miércoles, 8 de mayo de 2013

Mafalda

Título: Mafalda  en galego
Autor: Joaquín S. Lavado “Quino”
Traducción: Xoán Ramón Díaz
Editorial: Distribuciones Souto S.A.

Son pequenas tiras moi graciosas e ao mesmo tempo irónicas, onde interveñen varios personaxes, que son:

   Mafalda: é unha nena que aínda que é pequena ten unha visión do mundo como un adulto. É moi boa, gústanlle os animais pero odia a sopa.

   Manoliño: é amigo de Mafalda, seu pai ten un almacén. Manoliño é un pouco bruto, saca malas notas e só pensa en traballar no seu supermercado e nos cartos.

   Susaniña: É amiga de Mafalda, só pensa en casarse e ter moitos fillos. Pensa que os seus amigos lle teñen cobiza, é moi egoísta, e se algunha vez é boa despois arrepíntese.

   Felipe: É amigo de Mafalda, é moi bo pero sempre está nervioso porque non fai o que ten que facer, non lle gusta a escola (escoitando un anuncio de whisky pos bos momentos, di “pois se bebemos un cada vez que saímos da escola”)

   Miguelito: É o máis pequeno dos amigos de Mafalda, tamén o máis inocente.

   Guille: É irmán de Mafalda. Gústalle a sopa, é pequeno e inocente.

   Nai de Mafalda: Ama de casa

   Pai de Mafalda: Axente de seguros, gústanlle as plantas, o fútbol, e o seu coche.

Noel Freire
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario