Autora: Sabela Arias Castro
Editora: A.C. Eira Vella
Ben seguro que moitos e moitas de vós coñecedes a Sabela Arias como profesora, pintora, colaboradora na decoración do globo de Betanzos ou a través do seu blogue. Desta volta quero propoñervos a lectura do libro da súa autoría arriba reseñado que ven de publicarlle a A. C. Eira Vella. Trátase dunha escolla das súas viñetas que teñen estas simpáticas protagonistas: unha avoa e a súa neta chamada Icía. Ambas as dúas van conversando sobre o acontecer da vida diaria cunha visión crítica mesturada cun fino sentido do humor. Se atendedes a miña proposta habedes botar uns sorrisos e habédesvos sentir algo máis optimistas. Ah! Ademais é un libro apto para calquera idade.
Mariña Longueira Gómez
Podedes seguir as historias de avoa e neta no seu blog
No hay comentarios:
Publicar un comentario