viernes, 13 de junio de 2014

Valados

Título: Valados
Autor: Agustín Fernández Paz
Ilustrador: Xan López Domínguez
Editorial: Xerais

Valados trata dun neno e unha nena que son moi amigos. Na cidade había un lugar onde se reunían para xogar, baixo un carballo ao que eles chamaban a "Árbore dos desexos". Un día comezaron a notar algo fantasmagórico que facía que a xente da cidade se quedara nas súas casas.
Uns días despois apareceu construído un valado que partía a cidade en dous barrios. Helena e Xoel quedaron separados e eles intentan seguir comunicándose ...

É un libro que trata da intolerancia, e do poder da amizade dentro dunha historia emocionante e agradable. Gustounos moito.
Alumnado de 5º D
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario