Título: Las ciudades de colores
Autora: María Bautista
Ilustradora: Raquel Blázquez
Editorial: Cuento a la vista
Iris é unha nena de cores que vive nunha cidade terriblemente gris. É tan distinta aos demais que a xente sinálaa pola rúa e faille sentir fatal. Por iso, decide un día marcharse a buscar unha cidade onde a xente sexa como ela: de cores.
Así comeza esta viaxe de Iris a través dunhas cidades marabillosas. Cidades amarelas, azuis, vermellas ou verdes onde a pequena fará novos amigos cos que continuar a súa extraordinaria viaxe.
Este conto é unha bela metáfora sobre a diversidade e o duro que resulta ás veces ser diferente na sociedade. Trata de reflexionar sobre a necesidade de todos de atopar o noso lugar no mundo e de ser aceptados tal e como somos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario