viernes, 3 de abril de 2015

O tesouro agochado

Título: O tesouro agochado
Autor: Paul Maar
Editorial: Kalandraka

Muhar o Pequeno tiña unha tenda en Memoluk na que tiña alfombras, pufs, xoias de cobre, ... Tamén tiña unha dependenta chamada Fátima.
Un día, Muhar namorou dunha xove chamada Yasmina, pero ela era rica, así que marchou a Elsada a buscar un tesouro, pero non o encontrou. Entón un emir de Elsada díxolle que tivera un soño que dicía que o tesouro atopábase debaixo dunhas palmeiras trazando un x.
Muhar volveu a Memoluk e alí, no seu xardín, debaixo das palmeiras trazando un x encontrou o tesouro.
Muhar casou con Fátima porque na súa viaxe aprendeu que o tesouro sempre estaba con el...
Gustoume moito este libro porque a min encántanme os libros de aventuras.

Marieta Sánchez

Premede na imaxe para ver a ficha que nos ofrece a editorial.


No hay comentarios:

Publicar un comentario