viernes, 30 de septiembre de 2016

Misterio en París

Título: Misterio en París
Autora: Tea Stilton
Editorial: Destino

As protagonistas son: Tea Stilton e cinco amigas dela, chamadas: Colette, Pamela, Violet, Paulina e Nicki.
O libro é de aventuras, de facer misterios...
Ocorre que un día a Tea chegoulle un ramo de flores dun anónimo e elas buscaron quen foi. Logo, cando a unha modista lle desapareceron uns traxes, as cinco axudarona a buscalos, atopáronos. Máis tarde a modista deuse conta de que lle faltaban modelos para o desfile, e elas axudarona e desfilaron.
Lédeo, é moi chuli!
Diana F. R.


sábado, 24 de septiembre de 2016

Tea Stilton y la muñeca desaparecida

Título: Tea Stilton. El misterio de la muñeca desaparecida
Autora: Tea Stilton
Editorial: Destino

Trátase dunha rata que ten un grupo de amigas que van explorando ata encontrar o obxecto que están buscando. Nesta aventura van dar cunha boneca, polo camiño encontraron uns ladróns que querían roubar a boneca e levarona para xunto dun señor que a tiña na súa casa.
Recoméndovolo!
Nadya Folgueira Fente

Preme na imaxe se queres ler algún capítulo deste libro

El diario de Greg

Título: El Diario de Greg
Autor: Jeff Kinney
Editorial: Molino-RBA

Este libro vai dun neno que se chama Greg. Greg é un neno nrormal, pero pásanlle cousas moi divertidas e interesantes e cóntanolo coma se fora o seu diario.
Greg ten un amigo un pouco tonto, pero moi divertido. Fano todo xuntos, dende xogar a ir á escola.
Greg fai todo o posible para ser máis popular, pero non o consegue.
É un libro fantástico.
Celia Fornos Gil.


Preme na imaxe para visitar a web oficial

El club de las zapatillas rojas


Título: El club de las Zapatillas rojas
Autora: Ana Punset
Ilustradora: Paula González
Editorial: Montena

Trátase dunhas nenas que van ao colexio. Todo foi moi normal ata que chegou unha nena nova que tiña o pantalón roto, o pelo azul... e foise sentar coa xefa do grupo das nenas.
Entón empezaron a falar todos da nena e o profe castigounos. Na seguinte hora falaron polo móbil e castigáronas dúas horas...
Entretido!
Rosalía Fraga Barral

Había unha vez catro nenas chamadas: Lucía, Marta, Frida e Aitana.
Un día a Lucía déronlle un regalo, era xusto o que ela quería: unhas zapatillas vermellas!! Lucía foi correndo ensinarllas ás nenas, cando chegou a xunto delas dixéronlle: "esas zapatillas non valen nada". Lucía foise á casa chorando.
Faime caso, leo!!
Nuria

É un libro no que Frida, Lucía, Marta e Bea métense en problemas moi a miúdo, pelexan polos noivos (Frida e Bea).
Se les o primeiro, conta xa co segundo.
Recoméndocho.
Lucía Ares