sábado, 24 de septiembre de 2016

El club de las zapatillas rojas


Título: El club de las Zapatillas rojas
Autora: Ana Punset
Ilustradora: Paula González
Editorial: Montena

Trátase dunhas nenas que van ao colexio. Todo foi moi normal ata que chegou unha nena nova que tiña o pantalón roto, o pelo azul... e foise sentar coa xefa do grupo das nenas.
Entón empezaron a falar todos da nena e o profe castigounos. Na seguinte hora falaron polo móbil e castigáronas dúas horas...
Entretido!
Rosalía Fraga Barral

Había unha vez catro nenas chamadas: Lucía, Marta, Frida e Aitana.
Un día a Lucía déronlle un regalo, era xusto o que ela quería: unhas zapatillas vermellas!! Lucía foi correndo ensinarllas ás nenas, cando chegou a xunto delas dixéronlle: "esas zapatillas non valen nada". Lucía foise á casa chorando.
Faime caso, leo!!
Nuria

É un libro no que Frida, Lucía, Marta e Bea métense en problemas moi a miúdo, pelexan polos noivos (Frida e Bea).
Se les o primeiro, conta xa co segundo.
Recoméndocho.
Lucía Ares

No hay comentarios:

Publicar un comentario