miércoles, 30 de noviembre de 2016

Al y Oli, dos vampiros sin dientes


Título: Al y Oli, dos vampiros sin dientes
Autores: Elvira Menéndez y José Mª Álvarez
Editorial: Pearson

Se trata de un vampiro que tuvo una hermana bebé vampira. Al quería que tuviera dientes, pero a su hermanita Oli no le salían. En la noche de Difuntos, Al quiso gastarles una broma a sus primos pero por un “accidente” se quedó sin dientes.
Laura Beiro 


lunes, 28 de noviembre de 2016

Bat Pat. O museo dos conxuros

Título: O museo dos conxuros
Autor: Roberto Pavanello
Editorial: Montena

Trata duns nenos que buscan aventuras. Estes van a un museo de conxuros cun morcego e ese museo quéreno pechar. Entón xúntase cuns monstruos para non pechar o museo. E ti que cres, que o consiguen? Ao mellor sí ou non .
Sorte que son de mentira.
Simón Cabanas Fernández

Reo

Título: Reo
Autor: Xesus Fraga
Editorial: Galaxia

Este libro trata dun adolescente que é o rei dos graffitis e loita contra Virus o antigo rei dos graffitis .
A nós gustounos moito, é moi divertido e emocionante.

Júlia Helena Correa e Daniel Fraga Couceiro

Premede aquí para visitar o blog do autor

viernes, 25 de noviembre de 2016

Trabalinguas para xogar

Título: Trabalinguas para xogar
Autores: Xulio Cobas Brenlla e Montserrat Ginesta
Editorial: Edelvives

É un libro moi divertido que tén moitos trabalinguas, uns moi longos e divertidos, outros curtos e sin sentido e moito máis complicados.
É un libro que seguro que che gustará.

Damián Leiva Buján

El misterio de la lluvia de meteoritos

Título: El misterio de la lluvia de meteoritos
Autor: Roberto Santiago
Ilustracións: Enrique Lorenzo
Editorial: SM

Foron de viaxe a París, cando chegaron a Disneyland encontraron a Luccien e díxolles se querian xogar un partido contra a selección francesa para gañar a copa de ouro Jules Rimet. O mesmo día do partido desapareceu a copa...
A min o libro pareceume moi divertido e moi emocionante.
Asegúrovos que vos vai gustar.

miércoles, 23 de noviembre de 2016

El gran libro de las Matemáticas del ogro feroz


Título: El gran libro de las matemáticas del ogro feroz
Autor: Grigory Oster
Editorial: Oniro

Si no se te dan muy bien los problemas matemáticos o te gusta hacerlos, este es tu libro!!
Un libro lleno de problemas que te ayudarán para el colegio.
No lo dudes más y léelo, te va a gustar!.
Ah!, y si no se te dan muy bien los problemas, no te preocupes, porque puedes corregirlos por atrás.

lunes, 21 de noviembre de 2016

Los pequeños hombres libres

Título: Los pequeños hombres libres
Autor: Terry Pratchett
Editorial: debolsillo

Este é o 1º libro da saga de Tiffany Dolorido.
Tiffany é unha nena que vive en Caliza, un lugar do mundo disco. Caliza é un lugar onde a maioría dos habitantes son pastores. Tiffany Dolorido é unha nena de 9 anos, pero aínda que pareza pequena, xa se encarga de facer queixo, coidar as ovellas, muxilas... Tiffany ten unha avoa que vive no outeiro mais alto de Caliza, cara a súa saída. A avoa de Tiffany chamábase nun principio Sarah Llorikeo, pero despois pasou a chamarse Sarah Dolorido, e agora, que é maior e toda unha lenda en Caliza, todos a chaman a avoa Dolorido,(aínda que so sexa a avoa de Tiffany e as súas irmás). Cando a avoa Dolorido morre, en Caliza comezan a ocorrer cousas raras, (aínda que so se entere Tiffany do que pasa). Tiffany ten moitas irmás, pero so un irmán, Wertwotdh. A Tiffany non lle gusta moito o seu irmán, sempre ten que andar coidándoo, e ademais sempre está pringoso e pedindo caramelos, e ás veces Tiffany desexaría que non existise. O seu soño cumprirase coa aparición da señorita Lento, unha bruxa veterana buscadora de posibles bruxas, (so que disfrazada de profesora ambulante), os pequenos homes libres, uns pequenos trasnos ladróns e borrachos que adoran a guerra e que pensan que están mortos, e tamén a aparición dalgúns monstros que nunca imaxinarás, e coa desaparición de Wertwotdh e do fillo do barón, Tiffany, a nova bruxa de Caliza, armada cunha tixola e o libro de enfermidades das ovellas da súa avoa, terá que enfrontarse á raiña das fadas, que non é tan boa como parece.
Unha historia chea de fantasia e imaxinación. Encantoume, simplemente encantoume.
Mariña Erias Castro

domingo, 20 de noviembre de 2016

El Capitán Calzoncillos

Título: El Capitán Calzoncillos
Autor: Dav Pilkey
Editorial: SM

Este libro vai dun director de colexio que consegue superpoderes porque uns nenos o hipnotizaron e bebeu un zume que lle deu superpoderes.
Agora cada vez que oe un chasquido de dedos convertese no Capitán Calzoncillos, pero se lle botas auga na cabeza volve ser o señor Carrasquilla.
Un día houbo un ataque de inodoros parlantes, uns nenos chamados Xorxe e Berto inventaron un robot para parar aos inodoros e levounos a Urano, levan alí moitos meses xa.
Máis tarde unha muller malvada fixo uns robots, que tiraron un balón ao espazo.
Poderían estar as dúas cousas relacionadas?
Paréceme un libro moi gracioso e divertido, un pouco longo pero moi divertido.
Jaime Díaz  Cupeiro

Me gusta este libro porque es de humor y aventuras. Además, en cada libro son distintos personajes, no como en otros libros.
Yago Pernas


Mortadelo y Filemón

Título: Mortadelo y Filemón
Autor: Ibañez
Ediciones B

Pertence a unha coleccións de cómics, hai moitos, pero en xeral, trata sobre uns axentes da T.I.A que teñen que facer misións, e sempre teñen problemas.
A miña opinión é que este libro é un dos mellores que lin, asegúrovos que vos vai gustar. Tedes que lelo!
Patricia Mato Turnes

Os recomiendo estos libros porque son muy entretenidos y graciosos. No te dejes engañar por el nombre, no solo están Mortadelo y Filemón, también estarán personajes tanto raros como graciosos.
Ian Sánchez Botana

viernes, 18 de noviembre de 2016

Esmeraldina, a pequena defunta


Título: Esmeraldina, a pequena defunta
Autora: Ledicia Costas
Ilustrador: Víctor Rivas
Editorial: Xerais. Colección Merlín

Lembrádesvos de Escarlatina, a cociñeira defunta?
Queredes saber o pasado dela?
Pois o único que tedes que facer é ler o libro de Esmeraldina, a pequena defunta e podedes sabelo.
É un libro magnífico cheo de humor macabro. Encántame, tedes que lelo!

El misterio del tesoro pirata

Título: El misterio del tesoro pirata
Autor: Roberto Santiago
Ilustrador: Enrique Lorenzo
Editorial: SM

Vai sobre uns amigos que son os campións da súa liga de fútbol.
Pero un día acabáronselles as ilusións porque o equipo contrario, do internado recién construído, quere acabar con eles... Que pasará?

martes, 15 de noviembre de 2016

Dinosaurios

Título: Dinosaurios
Autor: Geronimo Stilton
Editorial: Oniro

É un libro moi interesante que informa sobre os dinosauros. Tén un debuxo de cada un e a información sobre el, co peso, a altura...
A min o que máis me gusta é o tiranosaurio rex.
Yago Muiño Santaya

La guerra de 6º A

Título: La guerra de 6º A
Autora: Sara Cano
Ilustrador: Pablo Delcielo
Editorial: Alfaguara

É o terceiro libro da saga. 
A guerra de 6º A consta de 254 páxinas moi divertidas. Os de 6º A pelexan cos de 6º B, aos que chaman "pringaos".
A min o libro encantoume.

lunes, 14 de noviembre de 2016

Los dos mundos de Zoé

Título: Los dos mundos de Zoé
Autores: Ana García Siñeriz, Jordi Lavanda
Editorial: Destino

É unha nena cuxos pais están separados, pero lévanse moi ben. Seu pai vive en París, onde roubaron unha escultura moi importante, e el é o primeiro sospeitoso, enton Zoé e os seus amigos van alí para arranxalo...
QUE PASARÁ?

viernes, 11 de noviembre de 2016

Alma y la isla

Título: Alma y la isla
Autora: Mónica Rodríguez
Ilustradora: Ester García
Editorial: Anaya

Ten o XIII premio Anaya de Literatura infantil e xuvenil.
Trátase dun neno que foi á praia, pero ese día foi un día tráxico, no frío mar atopáronse miles de mortos aboiando. O pai do neno atopou unha pequena nena e sacouna. Ao vela, o neno pensou que era un demo de pel negra, ollos enormes, que se lle clavaban na mirada. E levárona para a casa. A nena levaba un colgante de coiro. E ese colgante...
A min persoalmente pareceume unha historia moi bonita. Podes aprender cousas moi diferentes. Esta historia é de amor, terror, melancolía e moitos sentimentos máis. Eu creo que nos quere dicir que tes que coñecer a unha persoa antes de xuzgala.

miércoles, 2 de noviembre de 2016

Piquita crece

Título: Piquita crece
Autor: Gill Pittar
Ilustrador: Cris Morrell
Colección: Milly y Molly
Editorial: Everest

Milly e Molly eran irmás. Despois da escola facían os seus deberes. Cando remataban de facer todas as súas tarefas ían xogar ao patio con xardín da súa casa.
Un día, xogando no xardín, encontraron un ovo de parrulo moi pequeno e decidiron preguntarlle á súa nai se podían gardalo. A nai dixo que si. Milly e Molly puxéronse moi contentas e o seu gatiño Misi sentaba encima do ovo. Un día o ovo empezou a facer ruidiños e Milly e Molly dixéronllo á súa nai. A nai dixo que era todo moi normal porque coa calor que lle daba Misi naceu un parruliño e tiña que medrar. Milly e Molly xogaban con el e un día apareceu unha pata que resultou ser a súa nai. E Milly e Molly déronlles de comer aos dous e déronlle o seu parrulo. Despois dese día foron todos os días a comer e xogar con Milly e Molly.
Carla Enríquez Agilda