Autor: Terry Pratchett
Editorial: debolsillo
Este é o 1º libro da saga de Tiffany Dolorido.
Tiffany é unha nena que vive en Caliza, un lugar do mundo disco. Caliza é un lugar onde a maioría dos habitantes son pastores. Tiffany Dolorido é unha nena de 9 anos, pero aínda que pareza pequena, xa se encarga de facer queixo, coidar as ovellas, muxilas... Tiffany ten unha avoa que vive no outeiro mais alto de Caliza, cara a súa saída. A avoa de Tiffany chamábase nun principio Sarah Llorikeo, pero despois pasou a chamarse Sarah Dolorido, e agora, que é maior e toda unha lenda en Caliza, todos a chaman a avoa Dolorido,(aínda que so sexa a avoa de Tiffany e as súas irmás). Cando a avoa Dolorido morre, en Caliza comezan a ocorrer cousas raras, (aínda que so se entere Tiffany do que pasa). Tiffany ten moitas irmás, pero so un irmán, Wertwotdh. A Tiffany non lle gusta moito o seu irmán, sempre ten que andar coidándoo, e ademais sempre está pringoso e pedindo caramelos, e ás veces Tiffany desexaría que non existise. O seu soño cumprirase coa aparición da señorita Lento, unha bruxa veterana buscadora de posibles bruxas, (so que disfrazada de profesora ambulante), os pequenos homes libres, uns pequenos trasnos ladróns e borrachos que adoran a guerra e que pensan que están mortos, e tamén a aparición dalgúns monstros que nunca imaxinarás, e coa desaparición de Wertwotdh e do fillo do barón, Tiffany, a nova bruxa de Caliza, armada cunha tixola e o libro de enfermidades das ovellas da súa avoa, terá que enfrontarse á raiña das fadas, que non é tan boa como parece.
Unha historia chea de fantasia e imaxinación. Encantoume, simplemente encantoume.
Mariña Erias Castro
No hay comentarios:
Publicar un comentario