Autora: Enid Blyton
Editorial: Juventud
Empeza o verán e Xulián, Ana e Dick levan unha sorpresa: deben pasar as vacacións en Kirrin, onde viven seus tíos e Xurxo, unha prima á que non coñecen.
En realidade non é Xurxo, é Xurxina, unha nena un pouco rara, á que non lle gusta ser rapaza, por iso din que lle chamen Xurxo, tamén é unha nena á que lle gustaba estar soa. Xulián, Ana e Dick intentan facerse amigos seus, con pacencia e dificultade conseguírono, entón Xurxina contoulles un segredo, era que a illa de Kirrin era súa, parecía unha illa pequena pero estaba chea de coellos moi mansos e noutra parte moitos cormoranes e gaivotas de toda especie, os nenos quedan alucinados, todo parecía moi pequeno e había tanto... En fin, pasaron moi boas vacacións e divertíronse moito.
Recoméndoo porque é un libro moi intrigante e con moitas aventuras.
Rocío Dopico Golpe
Eu recoméndovos este libro porque ao principio parece algo aburrido pero cando os cinco se xuntan para ir á illa ponse emocionante, é un libro de aventuras, moi entretido e intrigante.
Sofía Marcote de Bernardo
No hay comentarios:
Publicar un comentario