viernes, 16 de noviembre de 2018

La luna se olvidó

TÍTULO: La luna se olvidó
AUTORES: Jimmy Liao e os debuxos impresos en China por Toppan Leefung Printing Limited
EDITIORIAL: Barbara Fiore

Un día a Lúa caeu do ceo e un neno que estaba cazando bolboretas atopouna nun lago, colleuna e levouna para a súa casa. A cidade estaba sen luz e a xente sempre estaba esperando que saíra a Lúa, por iso as fábricas comezaron a facer lúas e todos os nenos xogaban con elas. O neno sempre estabo coa Lúa de verdade e cada día tiña menos amigos. A Lúa cada vez íase facendo máis e máis grande ata que xa non cabía na casa do neno e esquecíase que tiña que saír ao ceo. Como era xa moi grande e non collía na súa casa, el choraba e choraba. Un día de repente a Lúa acordouse de que tiña que saír ao ceo e o neno subiuse á Lúa e mentres a Lúa xiraba o neno durmiuse.

OPINIÓN: Este libro gustoume moito porque é entretido e divertido. Tamén me gustou porque ten moitos debuxos que son superbonitos.
Daniela Barallobre Carro



No hay comentarios:

Publicar un comentario