domingo, 10 de noviembre de 2019

Mortiña. Unha historia para esmendrellarse de risa

Título: Mortiña. Unha historia para esmendrellarse de risa
Autora: Barbara Cantini
Tradución ao galego: Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González
Publicación de Hércules de Ediciones. 2018

Resumo: Este conto narra a historia dunha nena chamada Mortiña, que vive en Vila Decadente. Non é unha nena normal, trátase dunha nena zombi!
Ela o que quere é ter amigos da súa idade, pero a súa tía Defuntiña non lle deixa relacionarse cos nenos da vila porque podería asustalos.
No Samaín Mortiña vaise de festa moi contenta porque ao ser unha nena zombi non ten que disfrazarse. Os nenos da vila non se decatan de nada ata que Mortiña quita a cabeza. Os nenos fican en silencio absoluto, para logo berrar de ledicia.

Opinión persoal:Gustoume moito porque Mortiña, malia ser unha nena zombi, sempre intenta atopar amigos cos que xogar. Tamén me gustou porque os nenos da vila entenden a situación de Mortiña.


 Alfredo Faraldo Núñez

No hay comentarios:

Publicar un comentario