Título: A escola dos piratas
Autor: Agustín Fernández Paz
Editorial: Rodeira
O libro trata dunha nena que se chama Marta, que vive nunha localidade onde chove moito. Un día o colexio esvarou outeiro abaixo polo moito que chovía, chegou ao río e logo ao mar. Intentaron rescatalos varias veces, pero non o conseguiron.
Como se aburrían xogaron a que a escola era un barco pirata. Cando se esgotou a comida tiveron que pescar e comer o pescado.
O final é un pouco sorprendente…
É un libro de aventuras e tamén de sentimentos.
Recomendámosllo aos que lles guste o mar e as aventuras.
Nenas e nenos de 4º A
No hay comentarios:
Publicar un comentario