Título: VIAJE EN EL TIEMPO
Autor: Elisabetta Dami.
Ilustradora: Roberta Bianchi.
Resumo: Gerónimo e os seus amigos Tea, Trampita, Benjamín, Trappy e Tenebrosa van cara o Museo de Ratonia porque vai recibir o prestixioso PREMIO CORTIZA FÓSIL e ía ser inaugurado como MUSEO ARQUEOLÓXICO. O director do museo exipcio Ger O’Glyph estaba moi emocionado. Nun intre chegou o profesor Ratono de Ratonis que era o encargado de entregarlles o premio. Antes de iso comprobou si estaban todas as pezas. Por sorpresa para todos faltaban tres pezas de distintas épocas: un pote de cerámica da época de Alexandro Magno, doblóns da época de Fracis Dake e unha partitura da época de Wolfgang Amadeus Mozart, por iso non lles entregou o premio.
Deulles dous días para encontralas. Entón os seis amigos máis o profesor Ger O’Glyph foron á academia de viaxeiros no tempo. Xa alí subiron no BANANOKRONOS ( a nova maquina do tempo que inventou Fisgogenio Quesoso). E emprenderon a súa nova viaxe polo tempo para recuperar as tres pezas que faltan.
Opinión: Eu recomendo este libro porque pareceume unha marabilla lelo e ter información sobre os personaxes. Gustoume tanto que quero que vós tamén desfrutedes.
Carlota Garrido Barreiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario