Autora: Emilia Cagiao Sánchez
Ilustrador: Fernando Yáñez Pato
Número de páxinas: 131
Resumo: É un libro no que a autora, grazas ás testemuñas dos veciños desta aldea (preto de Paderne) xunto cunhas fotos en branco e negro que gardaban, descubriu a existencia das Máscaras de Samede que saían polo entroido e bailaban ao son da gaita nos anos 50. A autora trata de transmitir a memoria da xente da aldea, que fixeron posible a recuperación desta tradición. O seu mérito está en querer devolver ao pobo o que é seu, as máscaras que formaron parte do pasado de Samede e devolverlle tamén á veciñanza unha parte da súa historia.
Opinión: Se queredes interesarvos máis por este entroido rescatado, sendo un dos máis importantes entroidos do rural galego perfectamente documentado e acadando premios alí por onde o representan, recoméndovos que leades este libro.
Celia Mosquera Cagiao