Autora: Ánxeles Ferrer
Ilustradora: Ánxeles Ferrer
Editorial: Galaxia
O cabaleiro Bernal casará coa princesa que teza o xibón máis fermoso. Entre elas empeza a haber envexas e deciden que sexa el o que teza tres capas. Bernal casa con Aldonza porque a capa que fixo tiña os mesmos debuxos que o xibón dela.
Gustoume moito porque é de princesas e ten un final feliz.
Valentina Silva
Tres irmás princesas estaban namoradas dun mesmo príncipe, e para saber cal delas casaría con el tecéronlle un xibón. Ao final casou con el Aldonza.
Marieta Sánchez Rey
Tres princesas namóranse dun cabaleiro e el namorouse das tres, entón pediulles un xibón a cada unha. Cando remataron puxéronos a secar despois de lavalos e un desapareceu. Despois as outras irmás confesaron que foran elas e pedíronlle unha capa ao cabaleiro para cada unha das princesas. Cando as rematou déronse conta de que unha capa era do mesmo estampado que o da princesa á que lle desapareceu o xibón e casou con ela.
María Vázquez Basteiro
Preme na imaxe e verás a ficha que nos presenta a editorial:
Un cento de bicos para os nen@s do colexio de Vilamarin. E moitas gracias por traballar e ler "Tres princesas Namoradas".
ResponderEliminarAnímovos a seguir buscando nos libros os tesouros que gardan dentro. :)
Ánxeles Ferrer, escritora e ilustradora de literatura infantil.