sábado, 20 de abril de 2013

O misterio dos fillos de Lúa

Título: O misterio dos fillos de Lúa
Autora: Fina Casalderrey
Editorial: SM


Trata sobre dous nenos chamados David e Branca e a súa gata Lúa.
Lúa tivo varios fillos. David e Branca deciden investigar para ver porque os gatiños desaparecen. Preguntaron aos veciños e ata fixeron gardas para ver quen levaba aos fillos de Lúa.
A avoa díxolles que fora o pai, pero David non o cría.
Ao final, despois de tantas investigacións por toda a aldea, descobren por fin o gran misterio dos fillos de Lúa.

Diego Fernández Rodríguez

Gustoume moito porque o libro está en galego e non ten faltas de ortografía.
David é un neno que vive nunha parroquia e que, xunto a Branca, xogan a ser detectives.
Sofía Veiga García

Trata dun neno chamado David que ten unha gata á que xusto o día seguinte de parir lle desaparecen os seus gatiños. David, coa axuda da súa noiva Branca, non para ata descubrir o misterio dos gatos desaparecidos.
A min gustoume. Recoméndoo aos nenos e nenas maiores de nove anos porque é un libro moi interesante e tamén PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL (1996).
Noelia Fernández Maroño
 

Preme aquí para coñecer algo máis deste libro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario